Belesar, camiños da memoria
A sociedade actual, entendida como sociedade global e postmoderna, resulta á súa vez fragmentada no seu ámbito máis local.
A este feito desgarrador contribúen moitos elementos. Entre eles a crise no tratamento de contidos humanísticos como a filosofía ou a literatura e á súa vez un auxe de contidos específicos e tecnicistas, que pola súa característica obsolescente (caduca) impiden o desenvolvemento de vínculos xeracionais locais onde os máis maiores poidan transmitir as súas propias experiencias ás xeracións máis novas.
O feito de que estes vínculos interxeracionais se atopen en especial crise dificulta o desenvolvemento dun sentimento de comunidade forte e resistente, preparado para facer fronte a discursos externos de moi diverso tipo que son perxudiciais para a construción da sociedade local: o pacifismo, a tolerancia ou a participación democrática social son valores que están sendo atacados e non se están a atopar unha resistencia suficientemente forte.
Con este proxecto documental integrado pretendemos investigar para actuar no entorno social máis local do propio centro. Transformando a información recollida en coñecemento a través da súa organización e difusión.
Regálanos a túa historia
CEIP Plurilíngüe de Belesar
Estivada 46, Belesar
Baiona (Pontevedra