top of page
Rutas da memoria


Trátase de entrevistar a persoas de Belesar nadas antes do 1960 con historias que contar que sucederan en Belesar, tanto no ámbito urbano como na propia Serra da Groba. As historias poden ser de moi diversos tipos: tanto feitos relevantes para a sociedade como anécdotas persoais que ofrezan información sobre o tipo de vida en aqueles anos. 


As entrevistas, realizadas ben no centro educativo, no lugar onde se produciron as historias ou nas casas das persoas entrevistadas serán grabadas en vídeo e subidas á canle de Youtube do centro educativo.

​

Coa xeolocalización das diferentes entrevistas crearanse rutas para facer a pé onde se poida acceder a estas historias a través de códigos QR que as pesoas camiñantes se irán atopando nos lugares onde sucederon as historias.


Exposición da memoria


Das entrevistas realizadas poderase extraer información de moi diverso tipo que, ampliada se fora necesario e organizada, poidan dar lugar a unha exposición no centro sobre a vida en Belesar e na Serra da groba hai máis de 60 anos. 

​

A propia exposición conterá o proceso de traballo utilizado para a realización das entrevistas.

 

Consellos de vida
​

Os consellos de vida das peroas experimentadas foron sempre o motor principal da evolución humana. Primeiro de xeito oral, logo a través da escrita, o feito de poder acceder ao coñemento das xeracións pasadas e poñelo en valor ofrece unhas garantías a aquelas comunidades que deciden aproveitarse del.

​

Con "Consellos de vida" pretendemos realizar cartéis onde se o elemento central sexa o texto sintético do consello que unha persoa maior da nosa contorna lle regalou a algún dos nosos alumnos.
 

Regálanos a túa historia

CEIP Plurilíngüe de Belesar

Estivada 46, Belesar

Baiona (Pontevedra)

  • Facebook
  • Instagram

GRAZAS!

bottom of page